Un dos proxectos que puxemos en marcha este ano con motivo do noso 30 aniversario foi a creación dunha Ludobiblio no Palco da Música. Pois ben, esta ven de acadar estes días a nada desprezable cifra de 500 libros catalogados grazas a unha das últimas doazóns que recibimos da excelentísima Deputación de Ourense a semana pasada.
Así, e nunha aposta decidida por facer medrar esta iniciativa cultural e continuar facilitando a hábitos de lectura á veciñanza e a todas aquelas persoas que se acheguen ata o campo da festa de Zarracós, agora vimos de por en marcha un Punto de Lectura.
Esta idea non é nova nin moito menos, de feito é bastante popular nos parques dalgunhas cidades e vilas, non así en concellos pequenos como o noso. En que consiste? Pois ben, no palco da música toparedes un pequeno armario branco no que sempre estarán dispoñibles un máximo de 10 títulos, poderedes levalos en préstamo e devolvelos cando rematedes a lectura, ou ben darlle unha lectura mentres estades neste fantástico espazo de lecer como é o campo da festa.
A continuación deixámosvos as normas que rexerán o uso deste Punto de Lectura e que son bastante sinxelas.
NORMAS PUNTO DE LECTURA
24 de Setembro do 2023