Talleres: Conservas de Outono polo territorio

Sábado 14 de outubro en Zarracós e sábado 21 de outubro na Manchica

Talleres: Conservas de Outono polo territorio

Da man de Adercou  vanse organizar un par de talleres no Concello da Merca baixo o título "Conservas de outono polo territorio". Neles aprenderase a conservar dous produtos autóctonos como son as castañas e as setas.

O número máximo de alumnos por taller será de 15 persoas e estes celebraranse nas datas e lugares indicados a continuación: 

  • Sábado 14 de outubro, de 10.30 a 13.00 horas no local social de Zarracós
    • Teléfono para inscicións 650 18 67 32 (José Manuel)
  • Sábado 21 de outubro, de 10.30 a 13.00 horas no local social da Manchica
    • Teléfono para inscicións 600 32 06 80 (Camila)
27 de Setembro do 2023




Destacamos