Nas últimas semanas, operarios da brigada de obras do Concello da Merca acometían diversas melloras nas inmediacións da Fonte de Salpurido. En liñas xerais o que se fixo foi arranxar varias fochancas que había no pavimento xa existente, cementar ó redor do tanque de regar e acondicionar e limpar o tanque de lavar.
Unha pequena intervención, que sen dúbida, constitúe unha mellora para a veciñanza do lugar e da contorna, se ben é certo que dende a asociación de veciños sempre demandamos (tanto á alcaldía como ó resto de grupos políticos presentes no concello) que se arranxaran as fontes empregando criterios de intervención sobre o patrimonio, eliminando traballos e materiais non axeitados e usando outros materiais máis acordes coa paisaxe, como por exemplo: pedra, lastros de pedra, ...
08 de Decembro do 2023