Programa inicial Festa das Neves 2024

Os días 2, 3 e 4 de agosto de 2024

Programa inicial Festa das Neves 2024

Nos últimos anos, organizar unha festa no rural estase convertendo nunha auténtica odisea, pois son tempos verdadeiramente complicados en moitos aspectos: demografía á baixa, subida xeralizada de prezos, escasez de formacións musicais económicas, trabas burocráticas ... En consecuencia, vémonos na obriga de ir axustando o orzamento ó que realmente podemos asumir co que vimos xuntando na parroquia e inda que este ano o ánimo non estea polas nubes, dende a asociación de veciños imos intentar organizar unha vez máis  unha Festa das Neves o máis digna posible, pois como diría o gran tenor Baldomero Pavón: "Un pobo que non canta é un pobo que morre" e nos non queremos que iso ocorra.

PROGRAMACIÓN INICIAL

O venres 2 de agosto, tal e como ven sendo costume, teremos concerto do gran Grupo de Acordeóns Bieito Blanco.

O sábado 3 de agosto contaremos por primeira vez coa gran Charanga Nova (dende Pobra de Trives) que será a encargada de dar a alborada, acompañar a procesión e amenizar a sesión vermú. Pola noite contaremos co Grupo Acirema (dende O Grove).

O domingo 4 de agosto, debutará nas nosas festas  a Charanga Sorcha (dende Ribadavia) que será a encargada de dar  a alborada, acompañar a procesión e amenizar a sesión vermú. Pola tarde/noite contaremos co Grupo Yukatán  (dende Ourense).

Pouco a pouco iremos completando o programa con todas actividades.

15 de Febreiro do 2024




Destacamos