Continuarase creando o Bosque da Xuventude no comunal do pobo de Zarracós
Novamente, a Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós e a AC A Broa Sendeirismo colaboran para levar a cabo unha Xornada de Plantación de Árbores. Esta é unha actividade dirixida ó público infantil e xuvenil e terá lugar o vindeiro sábado 24 de febreiro de 2024, entre as 16.00 e as 18.30 horas. O punto de encontro será o Local Sociocultural de Zarracós, sito no campo da festa de dito pobo.
A xornada comezará no local sociocultural cunha pequena presentación da actividade onde se destacará a importancia das árbores para o planeta, seguidamente dirixirémonos ó monte comunal da parroquia de Zarracós, a escasos metros do local, para proceder á plantación árbores para continuar creando o denominado “O Bosque da Xuventude”.
Dita actividade terá un custe de 3€ para os soci@s xuvenís de A Broa Sendeirismo e de 5€ para o resto de participantes. O aforo máximo será de 20 participantes, tendo preferencia os socios xuvenís.
Podedes atopar máis información no blogue https://abroasendeirismo.wordpress.com
16 de Febreiro do 2024