Sábado 15 de Xuño do 2024, ás 14:00h, no campo da festa da parroquia de Zarracós
Un ano máis temos o pracer de presentarvos o cartel da que será a XXV edición do Xantar Popular do San Ceriz (25 anos que se din pronto). O prezo será algo máis elevado que na edición anterior, pero dende a asociación de veciños optamos por manter a confianza en Pulpería A Morena pois consideramos que é mellor manter a calidade e a fartura deste xantar que andar explorando novos servizos de comida dos que non temos a certeza dun resultado óptimo.
Polo tanto, o sábado 15 de Xuño do 2024, terá lugar a XXV Edición do Xantar Popular do San Ceriz. A cota de inscrición para este ano será de 33€ por persoa e de 15€ para rapaces de entre 5 e 10 anos , os menores de 5 anos poderán asistir de balde. O menú será idéntico ós anos precedentes e estará composto por: empanada, polbo, carne ó caldeiro, pan, bica, viño, auga, café e licor.
A data límite de inscrición será o domingo 9 de xuño de 2024.
06 de Maio do 2024