O Rallye de Ourense volverá pasar pola parroquia de Zarracós neste 2024

Serán dúas pasadas o venres 14 de xuño pola tarde

O Rallye de Ourense volverá pasar pola parroquia de Zarracós neste 2024
O Rallye de Ourense volverá pasar pola parroquia de Zarracós neste 2024

Un ano máis a organización do 57 Rallye de Ourense escolleu o tramo A Merca – Celanova que discorre pola nosa parroquia, soamente que desta volta haberá unha importante novidade, en lugar de pasar o sábado como viña sendo costume, pasará o venres 14 de xuño pola tarde.

O trazado será idéntico ó de edicións anteriores: A Merca, Proente, Rubillós, Entrambosríos, Lameiroquente, O Casal, Zarracós, Oxén de Arriba, Olás, Vilariño, Pazos e A Ramallosa.

Dito trazado permanecerá cortado ó tráfico entre as 16:25 da tarde ata as 23.40 da noite do venres 14 de xuño.

O primeiro participante da pasada TC3 sairá ás 17:55 da tarde, mentres que o primeiro participante da pasada TC6 sairá ás 21:40 da noite.

Axuntamos un mapa que explica en detalle o trazado e os horarios previstos.

 

30 de Maio do 2024




Destacamos