O Rally de Ourense volveu discorrer pola parroquia de Zarracós, e con esta, xa van tres edicións consecutivas. Nesta ocasión houbo cambio de día, e tocou o venres 14 de xuño de 2024. Aínda así e a pesares desta pequena variación na programación e de ser un día laborable para moitas persoas, numerosos veciños e amantes do mundo do motor congregáronse nos diferentes lugares habilitados neste tramo (campo da festa, baixada da “Trina e cruce das Santas) para gozar dun espectáculo único na provincia.
Lamentablemente, este ano produciuse un accidente na “Baixada da Trina” cando o Seat Marbella Número 56 pilotado por Manuel Fernández González e Sergio Boán Araujo non foi capaz de superar o cambio de rasante do Campo da Festa e saíu despedido cara o valado do comunal. Por sorte, soamente se produciron danos materiais.
En definitiva, moi bo ambiente o vivido tanto na pasada da tarde (TC-3) como na da noitiña (TC-6) e para iso deixamos por aquí unhas cantas imaxes que puidemos tomar.
;
18 de Xuño do 2024