Da colaboración entre a AAVV Santa Mariña de Entrambosríos, a AAVV Santa María de Corvillón, a AAVV San Andrés de Zarracós, a AAVV San Pedro de Olás e o Concello de A Merca (Concellería de Participación Cidadá Cultura e Deporte) volve un ano máis a VI Olimpíada Rural de A Broa que se desenvolverá durante o mes de agosto nas catro parroquias da marxe esquerda do río Arnoia.
Ó longo de catro xornadas os máis pequenos da contorna poderán gozar da práctica de distintos deportes en equipo, así como, doutros de estilo máis tradicional.
A participación será completamente gratuíta para aquela xente miúda que se anime a asistir e dende a organización encargarémonos de ofrecer a merenda: bocadillo, froita, zumes, auga....
Luns 5 de Agosto sede Zarracós
Lugar e hora: Campo da festa de Zarracós ás 19.00 horas
Nesta primeira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica dun deporte en equipo como é o balonmán, así como, doutros xogos variados.
Nota: para aqueles familiares e veciños que vos animedes a acompañar ós rapaces e rapazas comunicarvos que teremos bar no campo da festa da man de Bar Tito (de Villavidal).
Xoves 15 de Agosto sede Entrambosríos
Lugar e hora: Campo da festa de Entrambosríos ás 19.00 horas
Nesta segunda xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica dun deporte en equipo como é o do baloncesto, así como, doutros xogos variados.
Sábado 17 de Agosto sede Corvillón
Lugar e hora: Campo da festa de Corvillón ás 19.00 horas
Nesta terceira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica dun deporte en equipo como é o do voleibol, así como, dunha pequena andaina polos camiños máis singulares da parroquia.
Sábado 24 de Agosto sede San Pedro (Olás)
Lugar e hora: Campo da festa de San Pedro ás 19.00 horas
Nesta cuarta e derradeira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica dun deporte en equipo como é fútbol, así como, doutros xogos variados.
13 de Agosto do 2024