Venres 30 de Novembro, ao remate da misa na honra ao patrón da parroquia
O vindeiro venres 30 de Novembro, día do patrón da parroquia (San Andrés), terá lugar unha misa ás 17.30 horas. A continuación, aqueles que o desexen, poderán pasarse polo local socio-cultural e asistir a unha pequena festa na que se ofrecerá un chupito de licor café aos presentes e na que poderán bailar ao son da boa música de verbena.