Domingo 7 de Xullo
Art.1. V Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova. Está aberta a todo aquel que dispoña da maioría de idade ou 16 anos con autorizacións de pais ou titores e que teña completado satisfactoriamente o proceso de inscrición.
Art2. Percorrido e horarios. Conta cun percorrido de dificultade media-alta que oscilará entre os 35 e 45 Km (aínda por determinar). A Mancomunidade Terra de Celanova como organizador do evento, resérvase o dereito de modificar o recorrido cando as circunstancias ou autoridades así o recomenden. A saída oficial da ruta será ás 9.00 horas e o peche do control será ás 14.30 horas.
Art3. Lugar de inscrición. Pódese facer a inscrición ata o xoves día 4 de xullo de tres xeitos:
•1) Na web: www.championchipnorte.com pagando por TPV virtual totalmente seguro.
•2) Na páxina web da Mancomunidade Terra de Celanova, www.terradecelanova.es, cubrindo o formulario e realizando o pago no número de conta (indicando nome apelidos e DNI):
2080-0292-91-0040038650 da entidade NOVAGALICIABANCO
•3) Nas oficinas da Mancomunidade Terra de Celanova
Calquera dúbida ou aclaración pode resolverse chamando o teléfono 988451646 ou vía mail: terradecelanovasaudable@hotmail.com
Ningunha inscrición se considerará en firme ata que non se efectúe o pago da mesma.
Art4.Prezos. Os prezos da inscrición serán os seguintes:
- Prezo para participantes (con xantar): 15 euros. O pago deste importe da dereito a participar na ruta BTT, portando obligatoriamente o dorsal e o chip, a acceder ás duchas ó termino da mesma, a recibir un obsequio conmemorativo da súa participación a repoñer enerxías cun xantar na zona sinalada para o mesmo (Hostal*** O Miradoiro), o sorteo de varios obsequios e a disfrutar das instalacións das piscinas municipais de Quintela de Leirado gratuitamente nese día.
- Prezo para participantes (sen xantar): 10 euros. O pago deste importe da dereito a participar na ruta BTT, portando obligatoriamente o dorsal e o chip, a acceder ás duchas ó término da mesma e a recibir un obsequio conmemorativo da súa participación.
- Prezo para acompañantes: 8€. Terán dereito ao xantar e a disfrutar das instalacións das piscinas municipais.
Art5. Recollida de dorsais: Poderanse recoller:
No control de saída, situado en Quintela de Leirado, na porta do concello (Leirado s/n) entre ás 8.00 e ás 8.45 horas do propio día 7 de xullo.
Art6. Todo participante inscrito está obrigado a levar casco e a seguir as indicacións dos axentes da autoridade e o persoal da organización habilitado.
Art7. Todo participante deberá situarse por detrás do vehículo da organización que se identifique como de apertura da proba e non rebasalo en ningún caso.
A organización declina toda responsabilidade naqueles casos que por falta de cumprimento do presente regulamento, da Lei de seguridade vial, así coma das instruccións dadas polo persoal habilitado pola organización, se poideran producir danos físicos ou morais, propios ou a terceiros, así coma outro tipo de prexuicios ou accidentes que por estas causas se poideran ocasionar.
A organización resérvase o dereito de emprender as accións que consideren pertinentes naquela persoa que non presente o comportamento debido ou faga caso omiso as indicacións que reciba por parte dos membros habilitados pola organización.
Art8. A Ruta BTT ten un carácter lúdico polo que a non se realizará ningún tipo de mención especial de orde de chegada considerando que tódolos participantes oficialmente inscritos e que realicen o percorrido completo son os verdadeiros vencedores deste evento deportivo.
Art9. A bicicleta que se utilizará será de montaña e, recoméndase levar vestimenta adecuada e bote de auga ou mochila de hidratación.
Art10. A aceptación (inscribíndose) do presente regulamento implica que o participante da o seu consentimento á Organización para que poida utilizar a súa imaxe para a promoción e difusión da Ruta BTT da Mancomunidade Terra de Celanova en tódalas súas formas (internet, carteis, medios de comunicación, etc).
Art.11. Os avituallamentos serán:
1. Líquido + sólido
2. Líquido + sólido
3. Líquido + sólido
Art12. O feito de inscrición nesta proba supón a aceptación do presente regulamento e a renuncia a tódolos dereitos contra a Organización.
Art.13. Recoméndase levar o día da proba a seguinte documentación: DNI, xustificante da inscrición ou xustificante de pago por se fose necesario.
CÓMO CHEGAR
Celanova é o punto de confluencia de dúas importantes vías de comunicación: a N-540 (Ourense-Portugal) e a C-531 que une A Cañiza con Xinzo de Limia. Ademáis na comarca hai un acceso desde a AG-31 a A-52 en Celanova.
¨ Desde Ourense
Para chegar a Quintela de Leirado desde Ourense, temos que chegar a Celanova pola autovía AG-31, e unha vez na entrada da vila collemos dirección Cortegada - Quintela de Leirado, carretera comarcal 531 (dirección A Cañiza, Cortegada), e o chegar a menos dun Km. tomar unha desviación á esquerda da comarcal OU-0209 dirección Quintela de Leirado. Está ben sinalizado.
Pasado un pequeno alto encontraremonos ca aldea de SANTA EUFEMIA (Milmanda). A continuación ven CARRACEDO e despois chegan a LEIRADO (aproximadamente 15 minutos desde Celanova).
¨ Desde A Cañiza
Unha vez na Cañiza collemos dirección Cortegada, unhos 13 Km aproximadamente e alí dirección Celanova. Ó chegar a Celanova collemos no campo de fútbol á dereita, a carretera OU-0209 dirección Quintela de Leirado.
Distancias aproximadas:
OURENSE: 26 Km.
SANTIAGO: 137 Km.
PONTEVEDRA: 103 Km.