Unha obra realizada de xeito totalmente altruísta por Manuel Vázquez Outeiriño
A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós quere facer público ao mesmo tempo que agradecer o enorme traballo realizado por Manuel Vázquez Outeiriño, quen durante as últimas semanas, de xeito totalmente altruísta e pondo o material do seu propio peto, se encargou de pintar as liñas das paredes da Igrexa Parroquial, que na súa parte inferior xa eran practicamente inapreciables debido a humidade e ao paso do tempo.
Accións como esta contribúen a que hoxe teñamos unha das igrexas parroquiais mellor conservadas da contorna, mantendo así intacto o legado que os nosos ancestros nos deixaron.
23 de Xuño do 2013