Parece que inda foi onte cando estabamos a comezar coa festa das Neves, pero por este aniño xa tocaron o seu fin,e se algo cabe destacar e que unha vez máis a parroquia de Zarracós volveu a demostrar que é unha das que máis humor e ganas de pasalo ben ten en toda comarca.
Os actos festivos comezaban o día 5 de Agosto (propio día da Virxe das Neves), cunha misa solemne e a posterior procesión na que todos aqueles devotos que así desexaron puideron participar, e durante as cales se lanzaron multitude de foguetes ofrecidos polos fieis.
Así, tras a xornada de reflexión do xoves, o venres a iso do mediodia procedíase ao lanzamento das vésperas para anunciar oficialmente o comezo da festa pagana. Estas principiarían na tarde cos xogos infantís para os máis pequenos da parroquia, que o puideron pasar ben gracias os xogos argallados polos organizadores: xincanas, probas con auga,as sillas, xogos con pistas,.... unha gran multitude de probas que mantiveron entretidos os máis pequenos toda tarde e que tocaron o seu fin coa entrega de premios: medallas, chaveiros, bolígrafos, lapiceiros, cometas,... e unha gran choiva de maís de 6 kg de caramelos que sen dúbida fixo que lle endulzaron as festas. (Dende a Asociación queremos agradecer a María Teresa e Jorge, así como a Bieito todos os regalos aportados).
Rematada a tarde tocáballe comezar a velada a Gran Charanga "AS NEVES" de Zarracós, que fixo as delicias dos alí presentes tocando o seu cada vez máis extenso repertorio. Finalizado este primeiro pase tocaría un breve descanso para ir cenar, e así volver con forzas para o karaoke no que actuarían dende os máis pequenos os xa máis grandiños, cantando todo tipo de temas: desde la Oreja de Van Gogh a Chenoa, pasando por los Chichos ou cancións en inglés.
Desta maneira chegábase a xornada do Sábado, na que durante toda a maña a charanga OS CHISPAS foi a encargada de dar a alborada polos distintos pobos da parroquia. Así de casa en casa, de copa de licor en copa de licor, de rosquilla en rosquilla,… chegouse a hora da misa solemne na que a mencionada agrupación musical foi a encargada de por a nota musical, rematada a celebración relixiosa tocaba a sesión vermouth no campo da festa, na que sen duda esta charanga fixo as delicias dos alí presentes (non hai máis que votar un vistazo a algún dos videos colgados).
Chegada a tarde, era o momento do tradicional partido amistoso entre as parroquias de Zarracós e Corbillón, que como non podía ser menos acabou co resultado esperado 11-2 a favor dos visitantes.
Xa na noite o Grupo Atalaya de Pontevedra foi o encargado de divertir a todos os que decidiron pasarse polo campo da festa de Zarracós, e sen dúbida que o conseguirón, basta con votar unha ollada os videos colgados nesta web.
E así como quen non quere a cousa chegamos o derradeiro día de festa, na que a charanga ENTRE AMIGOS foi a elixida para dar a tradicional alborada pola parroquia e amenizar a misa solemne e procesión, así como a posterior sesión vermouth.
Xa na tarde daba comezo o máis que popular TORNEO DE CHAVE que este ano acadou un record de participación, 52 foron os tiradores que se deron cita, pero só un foi o que se puido levar o afamado trofeo, Eduardo Nicuesa.
No anoitecer chegaba o turno do Grupo Naranja de Pontevedra, que foi o encargado de animar e por o sabor musical a velada do domingo, e abofé que o conseguiu (sinto repetirme pero podedes velo nos videos e fotos colgados nesta web), así no decanso procedíase a entrega de trofeos dos distintos campionatos e o sorteo da Televisión e da Cámara de fotos dixital, que este ano de novo volveron sair a primeira e volveron quedar en xente do pobo.
E pouco a pouco chegouse o fin da actuación do Grupo Naranja, e chegaba a actuación da Charanga AS NEVES na popular queimada de fin de festa!!
Queda a disposición de todos vos unha extensa galería de máis de 870 fotos do que foi a festa deste ano así como uns 15 videos que reflexan os momentos máis salientables da festa.
Dende a Asociación de Veciños queremos dar as gracias a todos aqueles que fixeron posible que unha vez máis a festa de Zarracós fose unha realidade, e que nun ano coma este no que todo decae debido a crise que nos inunda, en Zarracós subimos e recadamos máis. Podedes ver as contas da festa na sección Actualiade -> Festas
Dende a Asociación tamén queremos animarvos a que participedes dunha forma activa da nova web deixando as vosas impresións no LIBRO DE VISITAS (sempre de forma respetuosa) e votando nas ENQUISAS que pomos a vosa disposición, das que sin duda tomaremos nota e intentaremos mellorar, tamén vos animamos a que vos rexistredes na sección REXÍSTRATE.
12 de Agosto do 2009