Agradecementos Festa das Neves 2013

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós quere dar as grazas:

  • A todos os veciños desta parroquia pola súa excepcional colaboración, tanto económica como doutro tipo, máxime, nestes tempos tan difíciles que estamos a vivir.
  • A todos aqueles veciños da parroquia, así como doutras parroquias que achegaron diñeiro a maiores.
  • A todas aquelas persoas que mercaron rifas para o sorteo dos 300 €, así como, a aqueles que axudaron a vendelas desinteresadamente, especial mención a Emilio Fernández Taín.
  • A todos os establecementos e marcas comerciais que contribuíron anunciándose nos carteis ou simplemente dando diñeiro sen  ningún tipo de publicidade.
  • A todos os compoñentes da  Charanga As Neves de Zarracós, por animar as festas durante catro días de xeito totalmente altruísta, e tamén, aos compoñentes do coro parroquial.
  • A Bieito Blanco por colaborar de xeito totalmente desinteresado na realización do karaoke, dos xogos infantís e por ensaiar e coordinar esa magnífica charanga que nos representa, así como, o coro parroquial.
  • A todos aqueles que axudaron a levar a cabo os xogos infantís, ben fora aportando regalos ou o seu propio traballo.

Grazas a todos e cada un de vos as festas de Zarracós son o que son.

Dende a Asociación de Veciños esperamos que esta festa, cos seus erros e cas súas virtudes, fose do agrado da maioría de todos vos.

09 de Agosto do 2013




Destacamos