Na cabeceira da comarca, Celanova, o vindeiro martes 1 de outubro nace un novo concepto de local
Este novo establecemento está situado na parte dabaixo das Trigueirizas e conta cunha superficie de máis de 300 metros cadrados a disposición do público, distribuídos en: tapería, sala de conferencias, bliblioteca micolóxica e laboratorio.
Sen dúbida, é unha iniciativa empresarial pioneira en Galicia e corre da man dun gran experto na materia: Alejandro Mínguez González. Alejandro é autor de múltiples libros sobre micoloxía, así como, promotor das xornadas micolóxicas de Celanova (Unhas das máis antigas de Galicia).
A oferta consiste nunha tapería na que se poderán degustar productos típicos da zona sendo o eixo central cogomelos, ademais de aprezar as tapas "in situ", tamén se poderán mercar estes productos de calidade. A todo isto únese unha biblioteca especializada en micoloxía e temas agrarios, unha sala de exposicións e conferencias, actividades culturais, ceas temáticas... todo este conxunto fai que sexa un plan verdadeiramente aconsellable!
18 de Setembro do 2013