A colección de fotos antigas da parroquia de Zarracós segue medrando

Dende este medio queremos agradecer a enorme colaboración de José Luis Cabo Conde, quen nos enviou as fotos que vos amosamos neste artigo, entre outras moitas

A colección de fotos antigas da parroquia de Zarracós segue medrando
A colección de fotos antigas da parroquia de Zarracós segue medrando

A colección de fotos antigas da parroquia de Zarracós segue medrando

Dende que esta Asociación de Veciños puxera en marcha a iniciativa de recopilar fotos antigas da parroquia de Zarracós, aló polo ano 2010, son xa máis de 260 as que obran no noso poder. Imaxes dos nosos antergos, das nosas tradicións, dos nosos pobos, das nosas festas.... que fixeron que a exposición deste ano fose realmente fermosa e recibise multitude de visitas durante o verán.

Son moitos os veciños que xa colaboraron nesta diea e por iso dende aquí queremos darlle as grazas, pero desta volta, tamén queremos agradecer moi especialmente a colaboración de José Luis Cabo Conde, quen se tomou a gran molestia de escanear fotos dos xogos infantís dos anos noventa que obraban no seu poder, imprimilas e envíalas por correo postal a esta Asociación, por isto, moitas grazas.

E de novo, queremos aproveitar a ocasión para anirmarvos a que sigades colaborando con esta iniciativa e nos cedades as vosas fotos máis antigas.

12 de Outubro do 2013




Destacamos