Crónica da V Andaina do Concello de A Merca

Unha ruta pola natureza que permitiu admirar a beleza paisaxística do noso entorno

Crónica da V Andaina do Concello de A Merca
Crónica da V Andaina do Concello de A Merca

Crónica da V Andaina do Concello de A Merca
Crónica da V Andaina do Concello de A Merca

Crónica da V Andaina do Concello de A Merca
Crónica da V Andaina do Concello de A Merca

Crónica da V Andaina do Concello de A Merca
Crónica da V Andaina do Concello de A Merca

O pasado domingo, día 13 de Outubro, tiña lugar a quinta edición da tradicional andaina do Concello de A Merca, que contou cunha ampla representación da parroquia de Zarracós entre os 200 participantes que aproximadamente se congregaron nesta cita deportiva.

Todos aqueles que nos decidimos a participar puidemos admirar a gran beleza da paisaxe que conforma o noso entorno, e que a miúdo nos resulta completamente descoñecida, a pesares tela ben ao carón.

O punto de inicio era local social de Rubillós do que partimos en dirección ao pobo de Entrambosríos, non sen antes cruzar o río Arnoia polas pontes do Cristino. Unha vez percorridas as angostas e empinadas canellas deste peculiar pero fermoso pobo, dirixímonos cara Olás polo camiño que sae xusto despois do cruce do Casal e Lameiroquente, para continuar pola denominada pista de “Tres Carreira” e coller o camiño que conduce ata a “Fonte dos Ollos” no piñeiral (Se alguén non pisou este camiño algunha vez, é algo verdadeiramente aconsellable).

Alcanzada a cota superior do trazado comezaba o descenso cara o pobo de Oxén de Arriba, para logo continuar polo camiño do “Campo Grande” en dirección á Rebola, seguindo despois polo camiño “Veliño” ata chegar a escola de Fontao, punto no que estaba situado o avituallamento.

Tras un breve descanso para recuperar forzas, era o momento de retomar a andaina en dirección ao pobo da Ponte Hermida, dando antes un pequeno rodeo polo “Camiño da Feira” e baixando ata o río polo carreiro da “Presa da Máquina” , tralo cal se iniciaría un fermoso percorrido pola marxe esquerda do Arnoia que nos conduciría ata o abandonado pobo da Ponte Hermida. Despois de imaxinar por un intre o apoxeo que nalgún momento deberan ter aquelas ruínas, agora cheas de silvas, continuamos animosos cara Cobas do Río, dirixindo despois os nosos pasos cara a “Fraga” e regresando de novo ao pobo de Entrambosríos para finalizar a andaina no punto de inicio, o local social de Rubillós.

A continuación deixamos unhas cantas instantáneas do que foi a andaina da Merca do ano 2013. Esperamos que sexan do voso agrado.

14 de Outubro do 2013




Destacamos