Continúa a exposición -Cando os penedos daban pan- en Gastro-Bar Parroira

Desta volta tocalle a quenda a parroquia de Zarracós

Continúa a exposición <Cando os penedos daban pan> en Gastro-Bar Parroira

A exposición "Cando os penedos daban pan" organizada pola asociación A Broa Sendeirismo continúa en Gastro-Bar Parroira. Desta volta tócalle á parroquia de San Andrés de Zarrracós, que será a que poña o punto e final a esta mostra que se ven desenvolvendo dende o mes de marzo neste establecemento.

A partires do 13 de Outubro pódense admirar dúas fotografías aéreas da parroquia de Zarracós, unha do voo amerciano do ano 1956 e outra da actualidade (2011). O seu visionado permite facer unha comparativa de como se foi transformando o terreo e o seu uso durante todos estes anos.

Podedes atopar máis información sobre esta exposición no blogue de A Broa Sendeirismo: http://abroasendeirismo.blogspot.com.es/

14 de Outubro do 2013




Destacamos