Así foi a festa do San Andrés 2013

Celebrada o pasado sábado, día 30 de Novembro, contaba co asistencia de máis de sesenta persoas

Así foi a festa do San Andrés 2013

O pasado sábado, día 30 de Novembro, tiña lugar a celebración na honra ao patrón da nosa parroquia: San Andrés. O día festivo para os veciños e veciñas de Zarracós comezaba cunha misa solemne a iso das seis e media da tarde para, a continuación, todos aqueles que así o desexaron reunirse no local socio-cultural.

Así, máis de sesenta persoas se deron cita nesta ocasión tan especial para comerlle uns pinchos, algúns elaborados por eles mesmos e outros da comida que no seu día sobrou do magosto: chourizos, tortilla, fiambre, empanada, bicas de toda clase, lacón, galletas, viño, refrescos, licores... e unha larga lista de viandas que serviron para cargar as forzas e a continuación troulearlle ,ata ben entrada a noite, ao son da música verbeneira seleccionada para tal evento ou das canterías entoadas polos asistentes.

Este festexo ,que estivo esquecido durante moitos anos, agora sen lugar a ningunha dúbida comeza a consolidarse como unha festa a ter en conta entre as moitas que se celebran na nosa parroquia, e que sen contribúen a boa harmonía da veciñanza.

Podedes atopar unha extensa colección de fotos na nosa galería fotográfica: pulsa aquí para vela

02 de Decembro do 2013




Destacamos