A instantánea da fonte de Salpurido, tomada por José Manuel Taín, logra o primeiro premio na categoría -Fontes Naturais- do II concurso de fotografía e debuxo O Bosque Máxico. Así, durante o presente ano a imaxe formará parte dunha colección itinerante que percorrerá as distintas salas de exposicións dos concellos pertencentes ao Bosque Máxico (É dicir, os pertencentes as comarcas da Baixa Limia e de Celanova).
A cerimonia de entrega dos premios terá lugar o vindeiro sábado, día 11 de Xaneiro do 2014, no Auditorio Ilduara de Celanova ás 19.30 horas.
Na páxina web oficial do Bosque Máxico (http://www.obosquemaxico.com) podedes ollar todas as imaxes que participaron no concurso, así como, todas as fotografías gañadoras.
06 de Xaneiro do 2014