Compra dunha neveira para o local social

O mobiliario do local social vaise completando pouco a pouco

Dende a directiva desta Asociación, xa dende fai uns anos, vense promovendo a compra de equipamento para o local social co afán de que este sexa da máxima utilidade para todos os veciños, ademais de convertirse nun punto de encontro para toda a parroquia.

Así, se nos últimos anos se adquiriron distintos trebellos electrónicos como: unha televisión, ordenador portatil, reproductor dvd, microondas,cafeteira,... agora vense de mercar unha neveria-conxelador por un importe de 349 euros (que serán asumidos a través dos fondos deste organismo). Con esta acción, complétase (polo menos de xeito momentaneo) o equipamento do local.

30 de Xuño do 2009




Destacamos