Este fin de semana a Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós chegaba a un acordo cunha axencia de espectáculos do Ribeiro para realizar a Festa das Neves 2010.
Xa podemos confirmar que o vindeiro ano a festa será os días 7 e 8 de Agosto.O primeiro día contaremos coa presencia do GRUPO ATENAS,e o segundo esta firmado pero sen confirmar o nome do grupo, dado que esperaremos ata o último mes para poder conseguir un grupo un pouquiño máis "decente" ao ofrecido inicialmente. Tamén contaremos coa presencia de duas charangas, ao igual que este ano, e que previsiblemente serán as mesmas OS CHISPAS e ENTRE AMIGOS (aínda por confirmar).
Así este ano a contratación fíxose en base a respetar o acordado na Asemblea Xeral do 23 de Agosto e a non subir o orzamento dos dous anos precedentes 8.200 euros, de ahí que este ano nos vísemos na obriga de cambiar de axente de espectáculos.
Para que vos vaiades facendo unha idea do que será a Festa das Neves do 2010, deixamos a vosa disposición un par de videos do GRUPO ATENAS:
30 de Agosto do 2009