A nova versión da páxina web da Asociación de Veciños de San Andrés de Zarracós alcanzou xa as 2000 visitas, dende que fora inaugurada o dia 9 de Xullo do 2009, unha media de 22,5 visitas diarias procedentes de todas as partes de España:Madrid, Vigo, Ourense, Málaga, Santiago de Compostela, Vitoria,Pontevedra, Bilbao, Alcobendas, Gijon, Ponferrada, Pamplona, Burgos, Gran Canaria, Valencia, Barcelona... e asi ata un total de 38 localidades distintas... pero a páxina non só recibiu visitas dende España senon dende outros países como: Estados Unidos, Reino Unido, Brasil, México, Xapón, Suiza, Francia, Senegal...
06 de Outubro do 2009