Grazas polo tremendo esforzo que realizades apoiando as nosas festas nuns tempos tan complicados
A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós quere dar as grazas en nome da parroquia a todos os establecementos que ano tras ano apoian as nosas festas. O esforzo que realizan nestes tempos tan difíciles é inmeso e por iso queremos recoñecelo de xeito público e notorio. Grazas a todos!!!!
Tampouco queremos deixar pasar a ocasión sen animarvos a que confiedes nestas empresas, merquedes ou demandedes os seus servizos.
16 de Xullo do 2015