A semana pasada membros da Xunta Directiva realizaban diversas intervencións de mantemento na igrexa parroquial, pequenas operacións que ás veces pasan desapercibidas pero que axudan a que o noso templo luza nas mellores condicións posibles.
Así, cambiáronse máis de 10 bombillas fundidas das lámpadas (tendo que colocar para elo un andamio), tamén se limpou cunha vaporeta toda a cera que estaba pegada no chan ao carón do retablo da Virxe, colocáronse dous illantes nos baixos da porta grande (para que non entre frío no inverno) e por último arranxouse a porta grande endereitando as madeiras que estaban tortas, sendo necesario axudarse de mordazas para meter novos tirafondos.
20 de Setembro do 2015