Será os días 6 e 7 de Agosto do vindeiro ano 2016
A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós ten o pracer de presentar unha vez máis, van xa 23 anos consecutivos, o adianto do programa da festa das Neves correspondentes ao ano 2016.
Será os días 6 e 7 de agosto, e case que con toda seguridade tamén haberá algo o venres 5 de agosto día da Virxe, pero iso xa o confirmaremos máis adiante, polo momento aquí tendes o programa festeiro previsto
- Sábado 6 de Agosto -
Alborada,procesión, misa e sesión vermouth coa charanga BCB de Celanova, que volveran de novo as nosas festas por aclamación popular despois do gran traballo que levan realizado en anteriores edicións.
Festa e verbena continuada coa orquestra MANCHESTER de Santiago de Compostela. O vindeiro ano intentaremos adiantar un pouquiño o inicio da festa, e será as 22.30h sempre e cando haxa público, senón retrasarase ata as 23.00h.
- Domingo 7 de Agosto -
Alborada, procesión, misa e sesión vermouth coa charanga VA K PINTA de Vincios (Gondomar), que estarán por primeira vez nas nosas festas.
Festa continuada coa orquestra TERRANOVA de Vigo
Dende a Asociación de Veciños agardamos que o programa presentado sexa do agrado de todos vos. Creemos nas nosas festas e na unidade da nosa parroquia, e por iso, ano tras ano loitamos para intentar levar a cabo unhas festas humildes, pero que non desmerezan para nada ás nosas xentes.
Comeza a conta atrás!!!
24 de Setembro do 2015