Así foi a festa do San Andrés 2015

Celebrada o pasado luns, día 30 de Novembro, contaba co asistencia de máis de corenta veciños e veciñas

Así foi a festa do San Andrés 2015

O pasado luns, día 30 de Novembro, tiña lugar a celebración na honra ao patrón da nosa parroquia: San Andrés. Este ano ao cadrar dita festividade en luns, a misa solemne tiña lugar pola tarde, a iso das 17.30 horas e a continuación todos aqueles que así o desexaron puideron reunirse no local socio-cultural da parroquia de Zarracós para seguir coa festa.

Este ano, ao ser día laborable non foi unha celebración tan concorrida, pero aínda así,  máis de corenta persoas se deron cita nesta ocasión tan especial para dar boa conta duns pinchos, algúns elaborados por todos aqueles que se animaron a participar e outros da comida que no seu día sobrou do magosto: chourizos, tortilla, fiambre, empanada, bicas de toda clase, lacón, galletas, chocolate, viño, refrescos, licores... e unha larga lista de manxares que serviron para cargar as forzas nun xélido luns de novembro.

Durante moitos anos as únicas celebracións da parroquia eran  Virxe das Neves e o San Ceriz, mentres que o San Andrés permaneceu no esquecemento, agora sen lugar a dúbida esta celebración comeza a consolidarse como unha festa a ter en conta entre as moitas que se celebran na nosa parroquia, e que sen contribúen a boa harmonía da veciñanza.

 

Podedes ver unha pequena galería fotográfica pulsando no seguinte enlace

Galería San Andrés 2015

05 de Decembro do 2015




Destacamos