En 2010 a parroquia de Zarracós contará con un novo local social

O Local Social de Zarracós será incluído no PlanE 2010

O pasado Sábado 14 de Novembro, durante a celebración do Magosto Parroquial 2009, producíase unha noticia moi esperada por todos os veciños e por todas aquelas persoas que levan formado parte da Xunta Directiva desta Asociación dende o ano 1993.

Xa está confirmado que o Excmo. Concello de A Merca, incluirá no PlanE 2010 a construcción do novo local social da parroquia de Zarracós. ¿Qué supón isto?: que a máis tardar  a finais de  2010 Zarracós contará con un edificio para uso común, dado que as obras deste plan deben licitarse e rematarse no mesmo ano.

Dende a actual Directiva da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós, queremos expresar o  noso máis profundo agradecemento:

  • A actual corporativa do Excmo. Concello de A Merca, por incluir está obra de tanta trascendencia para a parroquia no PlanE, depositando así a súa confianza nesta Asociación e nos veciños, que de seguro intentaremos sacarlle o maior partido a este novo edificio.


  • E como non,a todos os membros que levan formando parte da Xunta Directiva desta Asociación e que dende os seus inicios levan loitado por esta idea, que finalmente poderá materializarse.

 

 

16 de Novembro do 2009




Destacamos