Un incendio forestal devasta o piñeiral de Oxén en pleno mes de decembro

Unha vez máis o home amosa a súa peor cara destruíndo o gran patrimonio natural que temos na zona

Un incendio forestal devasta o piñeiral de Oxén en pleno mes de decembro
Un incendio forestal devasta o piñeiral de Oxén en pleno mes de decembro

Un incendio forestal devasta o piñeiral de Oxén en pleno mes de decembro
Un incendio forestal devasta o piñeiral de Oxén en pleno mes de decembro

Polo día no que publicamos este artigo, ben podería ser unha inocentada froito da nosa imaxinación, pero non amigos e amigas, isto é a pura realidade. Onte, día 27 de decembro do 2015 e en  pleno inverno  un desalmado ou desalmada, ben sexa por unha imprudencia nunha queima de restrollos agrícolas ou por pura maldade, exterminou  unha boa parte do piñeiral de Oxén, segundo estimacións da Consellería de Medio Rural, nada máis e nada menos que 26 hectáreas.

 A superficie queimada atópase principalmente na zona correspondente á parroquia de Zarracós e o panorama é bastante desolador, ou polo menos esa é a impresión que nos deu aos que puidemos pasear pola zona afectada.

O incendio comezaba ao medio día nas inmediacións do pobo de Oxén de Abaixo e a pesares de que estamos en pleno inverno e non arde coa virulencia dos meses de verán, o lume impulsado polo forte vento chegou a atravesar a estrada que conduce ata o pobo de Oxén Darriba, queimando ao seu paso a pouca riqueza forestal que temos na nosa zona (polo menos no que atinxe a piñeiros).

Para extinción achegáronse un par se axentes forestais, varias brigadas, unhas cantas motobombas, un helicóptero e tamén  un bulldocer que traballou duramente toda a noite para  abrir un cortalumes dende a pista de Oxén ata as Reinosas e evitar que o lume se estender a todo o piñeiral,e incluso as poboacións cercanas. Cabe destacar, que ao seu paso foi deixando inutilizados os camiños de Candedo, da Eiróa e o do Campo Grande, así,dende a Asociación agardamos que cando menos se repoñan os camiños estragados para  extinguir o lume e de non ser así, intentaremos reclamar a súa reposición ante os organismos que sexa pertinente.

É lamentable que nos tempos en que nos atopamos alguén sexa capaz de acometer semellante atrocidade sen pensar en nada nin en ninguén, acabando coa gran riqueza forestal, natural, micolóxica, paisaxística... que temos,  e demos grazas a que non houbo danos persoais que lamentar.

 

28 de Decembro do 2015

Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
Incendio piñeiral
 

Destacamos