Celebrado o pasado sábado, día 2 de Xaneiro, na Igrexa Parroquial de San Andrés de Zarracós
O pasado sábado, día 2 de Xaneiro, tiña lugar na Igrexa Parroquial de San Andrés de Zarracós o II Concerto de Aninovo. Unha entrañable cita musical organizada e dirixida por Bieito Blanco coa colaboración do Excmo Concello de A Merca, así como, da Asociación de Veciños de Zarracós e dos veciños da parroquia.
Esta segunda edición, que agardamos siga tendo continuidade en vindeiros anos, contaba con múltiples actuacións nas que se interpretaron diversas panxoliñas tradicionais, temas tradicionais galegos, así como, outros máis modernos.
Así, polo improvisado escenario dunha ateigada igrexa parroquial irían pasando en primeiro lugar o coro composto por veciños e veciñas da parroquia de Zarracós que interpretaron tres panxoliñas: “Gloria a los ángeles”, “Linda Noite” e “Alegría Paz y Amor”, algunha delas recuperadas do saber popular dos nosos maiores, seguidamente sería a quenda dun dos debutantes deste ano Brais Donís Novoa que interpretaría ao violín “El pequeño tamborilero”. Logo, Iria (Frauta traveseira) e Claudia (Violín) porían a nota instrumental interpretando un clásico de Offenbach: “Barcarola”, para a continuación cederlle o testigo ao gran tenor Baldomero Pavón que deleitaría aos presentes coa súa gran voz, cantando: Edelweiss e Tristesse. Chegaría entón o toque modernista da velada coa interpretación da canción de Tove Lo – Habits (Stay High) de Aida Blanco. A continuación o grupo de acordeóns da Escola de Música Bieito Blanco tocarían cinco cancións: “Los ñiños del Pireo”, “Os Pañariños”, “Rin Rin”, Primpimpin” e unha rancheira. Despois Bieito (ao acordeón), Xurxo (á guitarra) e Alba á pandeireta interpretarían un popurri de Ritmos Galegos, para finalmente cerrar o concerto coa gran Coral Cantares do Miño (de Velle): “Ave María”,”Noite de Luz”, “Nadal”, “Canto de Berce”, “Navidad Azul” e “Villancico en polca”.
Aquí deixamos unha lista vídeos con todas as actuacións para que poidades revivir este gran concerto:
Na galería fotográfica desta páxina web así como adxunto a este artigo poderedes atopar unha extensa galería de fotos deste gran evento.
09 de Xaneiro do 2016