En pleno século XXI, cos nosos pobos ateigados de contedores de lixo (sen ir máis lonxe, en Zarracós hai a inxente cantidade de dez), sempre existe algún iluminado/a que considera que a mellor opción é ir tirar o que non lle sirve ó medio do monte, ou neste caso particular, no medio e medio do campo de fútbol de Zarracós. Unha actitude totalmente reprensíbel e sobre a que pretendemos chamar a atención nesta artigo.
Ó mesmo tempo, e continuando con actitudes lesivas, tamén hai quen considera que o Campo de Fútbol é un circuíto de cross, non tendo nada mellor que “rascar” que dedicarse a facer trompos co coche, tirando por terra o traballo que outras persoas levaron para que esa infraestrutura deportiva estea a día de hoxe no pobo, aínda o ano pasado se investiu diñeiro para poder arranxalo para as festas.
Sabemos perfectamente, que a día de hoxe é unha pista deportiva escasamente utilizada, pero iso non implica que haxa que dedicarse a destruílo ou a convertelo nun vertedeiro.
08 de Maio do 2016