Monólogo de Cándido Pazó: O espectáculo da palabra

Campo da festa de Zarracós, sábado 30 de xullo de 2016, ás 21.30h. Entrada de balde

Monólogo de Candido Pazó: O espectáculo da palabra

A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós ten o pracer de presentar o monólogo dun dos humoristas máis destacables da nosa terra: Cándido Pazó. Será o vindeiro sábado, 30 de Xullo ás 21.30h, no campo da festa de Zarracós (Sempre e cando as condicións meteorolóxicas acompañen, senón trasladarase ó local socio-cultural).

Cándido destaca pola súa grande faceta artística, non en balde, é posuidor de seis premios María Casares de Teatro (1998, 2000, 2003, 2005, 2008, 2014), Premio de Honra da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2014, dous Premios Max (2002,2004) e un largo sinfín de galardóns. Ademais foi guionista de series tan coñecidas en Galicia como: A Familia Pita, Pratos Combinados e Mareas Vivas.

Sen dúbida unha actuación de luxo que esperamos que sexa do agrado de todas e todos vos. Para ir abrindo boca deixámosvos aquí un vídeo dun dos seus monólogos:

 

22 de Xuño do 2016




Destacamos