O pasado sábado, día 30 de xullo, máis dun cento de persoas se deron cita no campo da festa de Zarracós para disfrutar do humor dun dos grandes monologuistas da nosa terra: Cándido Pazó. Este, co seu último monólogo titulado: "O espectáculo da palabra" foi capaz de arrancar os sorrisos do público, tirando principalmente dalgo que nos caracteriza ós galegos: a retranca.
Dende a asociación de veciños agardamos que este espectáculo, novidoso nas nosas terras, fose do agrado de todos os que vos animastes asistir. E para que poidades revivir o vivido a pasada noite deixamos aquí tres vídeos e unhas cantas fotografías do evento:
01 de Agosto do 2016