O Samaín Infantil, unha nova festa na nosa zona

Unha xuntanza dos máis pequenos das nosas parroquias

O Samaín Infantil, unha nova festa na nosa zona

O día 31 de outubro, a iniciativa de María Jesús Freire e Iñaki Gorrotxategi, celebrouse no local socio-cultural de Zarracós a primeira festa de infantil de Samaín, unha celebración de orixe celta que comeza a recuperarse nos nosos días e que de seguro ben para quedarse.

En definitiva, a festa daba comezo a iso das seis da tarde, cando preto de vinte rapaces e rapazas procedentes das distintas parroquias da Broa (xunto cos seus pais)  acudían ata un local social especialmente decorado para ocasión. Obviamente, todos eles disfrazados e coa súa correspondente cabaciña puideron gozar dunha gran merendola na compaña dos seus iguais.

Unha fermosa festa que volveu a traer o balbordo dos nenos e nenas ó nosos pobos, facendo rexurdir a vida que noutrora tiveron. Por iso, dende a asociación de veciños queremos felicitar ós organizadores deste evento e ós pais que se animaron a participar para facelo realidade, oxalá o vindeiro ano poida ser posible unha nova edición.

Na sección de fotos da web podedes atopar unha pequena galería fotográfica desta celebración.

17 de Novembro do 2016




Destacamos