A parroquia de Zarracós estrea páxina web no 2017

Unha web moderna, minimalista e con deseño adaptable a dispositivos

A parroquia de Zarracós estrea páxina web no 2017

Despois de moitas horas de traballo realizado de xeito totalmente altruísta, hoxe día 6 de Maio do 2017, xa podedes disfrutar da nova páxina web da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós, e por ende, da parroquia de Zarracós.

Unha web con diseño moderno, minimalista e o máis importante, adaptable a dispositivos. A partires de agora xa non terás problema para visualizar correctamente a web no teu móbil ou na túa tablet. Así, ademais de respetar todo o contido existente ata o día de hoxe, incorporamos dúas seccións novas coas que pretendemos que participedes activamente:

  •  Colaboración coa web:  a través dun sinxelo formulario poderás achegarnos información para publicar nas distintas seccións: noticias, historia da parroquia, Zarracós na literatura, persoeiros históricos, tradicións, contos e lendas... interésanos principalmente que nos achegues as historias que teu avó ou avóa che contaban, os traballos agrícolas, as tradicións que mantiñan, anécdotas, contos, lendas...en definitiva, tratar de deixar escrita a tradición oral do pobo.
  • Fotos Antigas Edición 2017: creamos esta nova sección para que poidas achegarnos as fotos antigas que consideres oportunas. É importante que nos proporciones toda a información relativa ás imaxes que nos envíes: data, lugar, persoas que aparece, celebración....

Agardamos que esta nova web sexa do voso agrado :D

06 de Maio do 2017




Destacamos