Campo da festa de Zarracós, sábado 29 de xullo de 2017, ás 21.30h. Entrada de balde
Despois do éxito acadado o ano pasado polo gran Cándido Pazó, dende a Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós volvemos apostar por este tipo de espectáculo e hoxe temos o enorme pracer de presentar a actuación dun gran artista da nosa terra, nin máis nin menos que: Avelino González co seu monólogo “Contos de Contrabando”. Será o sábado, 29 de Xullo ás 21.30h, no campo da festa de Zarracós (Sempre e cando as condicións meteorolóxicas acompañen, senón trasladarase ó local socio-cultural) e coa entrada completamente de balde.
De seguro que a súa cara vos é tremendamente coñecida, non en van Avelino González leva participado nunha grande cantidade de series tanto a nivel autonómico como nacional: “Seis Hermanas” (de TVE), “Piratas” (de Telecinco), “A vida por diante” (TVG), “Cuéntame” (TVE), “Rías Baixas” (TVG), “As leis de Celavella” (TVG), “Hospital Central” (Telecinco), “Mareas vivas” (TVG).... e moitas máis, pero sen dúbida case que todos o coñeceredes pola interpretación de “Miñato “ en “Padre Casares”. Sen lugar a ningunha dúbida, unha actuación de luxo que esperamos que sexa do agrado de todas e todos vos. A continuación podedes ver un vídeo dunha das súas interpretacións en “Padre Casares”:
Por certo, un ano máis tamén teremos servizo de bar a cargo de Churrería As Maravillas, apuntade a cita no voso calendario.
09 de Maio do 2017