Camiseiros da parroquia de Zarracós á venda

A asociación de veciños pon a venda camiseiros da parroquia polo prezo de 10 euros

A Asociación de Veciños ven de por á venda camiseiros representativos da parroquia de San Andrés de Zarracós, dado que levan impreso no peito o nome dos tres pobos que compoñen a parroquia.

Estes camiseiros son de cor azul marina coa impresión en blanco, e son 100% algodón podendo dispor deles en todas as tallas: S, M, L, XL e XXL polo prezo de 10 €UROS.

Podes preguntar por eles xunto a calquera membro da Xunta Directiva e informaranche como adquirilo.

08 de Xaneiro do 2010




Destacamos