8,15 e 18 de agosto en Zarracós, Entrambosríos e Pazos de Olás respectivamente
Da colaboración entre a AAVV San Pedro de Olás, a AAVV Santa Mariña de Entrambosríos e a AAVV San Andrés de Zarracós nace a I Olimpíada Rural de A Broa que se desenvolverá durante o mes de agosto nas tres parroquias da marxe esquerda do río Arnoia.
Ó longo de tres xornadas os máis pequenos da contorna, nenas e nenos de entre 5 e 12 anos, poderán gozar da práctica de distintos deportes en equipo, así como, doutros de estilo máis tradicional.
A participación será completamente gratuíta para aquela xente miúda que se anime a asistir e dende a organización encargarémonos de ofrecer agasallos, así como, a merenda: bocadillo, froita, refrescos, auga....
Martes 8 de Agosto sede Zarracós
Lugar e hora: Campo da festa de Zarracós ás 19.00 horas
Nesta primeira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica de distintos deportes e xogos tradicionais, hoxe case esquecidos: a ra, a chave, a porca, os sacos, os zancos, os aros, os bolos, a turra-soga, as buxainas, a comba...
Nota: para aqueles familiares e veciños que vos animedes a acompañar ós rapaces e rapazas comunicarvos que teremos bar no campo da festa da man de Churrería As Maravillas.
Martes 15 de Agosto sede Entrambosríos
Lugar e hora: Campo da festa de Entrambosríos ás 19.00 horas
Nesta segunda xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica dun deporte en equipo como é o do baloncesto, así como, doutros xogos variados.
Venres 18 de Agosto sede Pazos de Olás
Lugar e hora: Campo de xogos de Pazos de Olás ás 17.00 horas
Nesta terceira e derradeira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica doutro deporte en equipo como é o do fútbol sala, así como, de diferentes probas de atletismo.
Colaboran: