Ponse en coñecemento de todos os veciños e veciñas da parroquia de San Andrés de Zarracós, que o vindeiro Domingo, día 30 de Xullo, ás 9.00 da mañá, procederase a colocar as “banderillas” para engalanar as rúas da parroquia polas festas.
O punto de encontro será xunto ó local social a mencionada hora (9.00 da maña).
A Asociación de Veciños agradece a colaboración de todos aqueles que se presten a botar unha man para realizar dito traballo.
NOTA: de non existir axuda veciñal para realizar esta tarefa, soamente se colocarán bandeiriñas nas entradas dos pobos.
08 de Xullo do 2017