O pasado sábado, día 29 de xullo, máis dun cento de persoas se deron cita no campo da festa de Zarracós para gozar en directo do televisivo: Avelino González, sobradamente coñecido polo seu papel na serie Padre Casares da TVG. Este, co seu último monólogo titulado: “Contos de contrabando" foi capaz facer sorrir ó público presente no torreiro tirando dun humor bastante retranqueiro e con moitas chiscadelas á nosa zona.
Dende a asociación de veciños agardamos que esta segunda noite de monólogo fose do agrado de todos os que vos animastes asistir. Así, para que poidades revivir o vivido a pasada noite deixamos aquí tres vídeos e unhas cantas fotografías do evento:
01 de Agosto do 2017