Rifas festa das Neves 2009

Xa podes ir adquirindo as tuas rifas para o sorteo da televisión e da cámara de fotos dixital

Xa podedes adquirir as vosas rifas para o sorteo dobre que se levará a cabo o Domingo día 9 de Agosto no transcurso da Festa das Neves 2009.

Polo módico prezo de 1 Euro por papeleta (ao igual que en anos anteriores se mercas 5 regalamosche 1) participaredes no sorteo dun Televisor LCD de 20 polgadas con TDT integrado e no sorteo dunha cámara de fotos dixital.

Como nota aclaratoria, por se non quedou o suficientemente claro, coa papeleta participades nos dous sorteos pero únicamente vos toca un premio en dita papeleta, falando en plata, se sai o voso número non vos tocan as duas cousas, senon o premio correspondente o sorteo que se este realizando nese momento.

 

30 de Xuño do 2009




Destacamos