Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

Sábado 30 de setembro ás 17.00h en primeira convocatoria e ás 17.30h en segunda convocatoria

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós convoca a todos os seus socios á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o vindeiro sábado, 30 de setembro, ás 17:00 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda convocatoria (17:30 horas), no local socio-cultural da parroquia de Zarracós, sito na Rúa Outeiro S/N, cos seguintes puntos na orde do día:

  1. Eleccións á Xunta Directiva
  2. Modificación dos estatutos
  3. Situación económica da Asociación de Veciños
  4. Festa das Neves
  5. Rogos e preguntas

Esperando que asistan dada a importancia dos temas a tratar, reciban un cordial saúdo.

 

23 de Setembro do 2017




Destacamos