A nova iluminación supón un aforro enerxético do 75%
O Excmo. Concello de A Merca ven de substituír esta semana os catro focos do campo da festa por uns novos con tecnoloxía LED. Este cambio supón unha mellora importante na eficiencia enerxética da parroquia e por extensión do Concello, pois os antigos focos tiñan unha potencia de 400W cada un deles, mentres que os novos teñen unha potencia de 100W cada un, para ofrecer exactamente a mesma luminosidade. Así, cando anteriormente eran necesarios 1600W (400Wx4) para iluminar o campo, agora soamente serán necesarios 400W (100Wx4), o que supón un aforro enerxético de nada máis e nada menos que do 75%.
Está é unha das primeiras accións que o concello realiza na marxe esquerda do Arnoia en termos de aforro enerxético, pero supón o inicio de novas intervencións no alumeado público das parroquias de Zarracós e Corbillón que nos vindeiros meses permitirán ir substituíndo as actuais lámpadas por novas lámpadas de tecnoloxía LED e moito menor consumo.
30 de Setembro do 2017