Redúcese o consumo un 57% mentres se incrementa a luminosidade un 170%
Se hai unhas semanas era o campo da festa o que estreaba alumeado LED, desta volta tocoulle á todo o pobo de Zarracós. Ó longo destes últimos días a veciña empresa CARPIELECTRO S.L. procedía a cambiar os 60 puntos de luz que compoñen o alumeado público do pobo por uns novos de baixo consumo e tecnoloxía LED.
Ben seguro que todos aqueles que visitastes o pobo estes días notastes un cambio máis que significativo, pois a diferenza entre o antigo e novo alumeado é bastante máis que notoria, non só en termos de eficiencia enerxética, senón tamén en canto a luminosidade.
Para que vos fagades unha pequena idea do custe e da mellora que supuxo a execución deste proxecto a continuación proporcionamos unhas cantas cifras:
Dende a asociación valoramos de xeito moi positivo esta actuación realizada polo Excmo. Concello de A Merca nos pobos de Corvillón e Zarracós, intervención que segue a senda iniciada no pobo da Mezquita hai un ano, e que seguramente serán o inicio de máis actuacións que leven ó noso municipio cara unha mellora da eficiencia enerxética.
26 de Outubro do 2017