As tres lámpadas da Igrexa Parroquial estrean bombillas de baixo consumo

A nova iluminación suporá un aforro enerxético do 63%

As tres lámpadas da Igrexa Parroquial estrean  bombillas de baixo consumo

Grazas a doazón realizada por Raúl Vázquez Outeiriño e familia as lámpadas da Igrexa Parroquial contan dende hoxe con bombillas de baixo consumo o que suporá un importante aforro de enerxía e como non, de cartos.

 Ata o de agora as tres lámpadas do corredor central da igrexa tiñan un total de 31 brazos, cada un coa súa correspondente bombilla de 30W, o que na práctica viña supondo un gasto de 930W/h cada vez que estaban acesas. A partires de agora soamente serán necesarios 341W/h para obter exactamente a mesma luz, dado que as novas bombillas son de 11W.

Dende a asociación de veciños queremos agradecer publicamente esta doazón desinteresada que, sen lugar a ningunha dúbida, permitiranos aforrar cartos na factura mensual de luz eléctrica a todos os socios.

05 de Novembro do 2017




Destacamos