Dende o 1 ata o 20 de decembro recolleremos alimentos para o Bancos de Alimentos de Ourense
Despois dun par de anos sen recoller alimentos para os máis necesitados, este ano retomamos a campaña "Ante a adversidade, solidariedade". Así, esta Asociación de Veciños en colaboración co noso párroco Don Miguel Blanco recolleremos alimentos para doar ó Banco de Alimentos de Ourense dende o 1 ata o 20 de Decembro do 2017.
Dende a ONG informánnos que o que máis necesitan nestres intres son: leite, aceite, galletas, cacao en polvo, alimentos infantiles (potitos, papillas, leite en po,...) e produtos de nadal, pero tamén serán ben recibidos calquera tipo de alimento non perecedeiro.
A fame non se ve, colabora!
27 de Novembro do 2017