A parroquia de Zarracós amosa a súa faceta máis solidaria entregando preto de 300 quilos de comida ó Banco de Alimentos de Ourense

Grazas a todos os veciños e veciñas pola vosa máis que extraordinaria colaboración

A parroquia de Zarracós amosa a súa faceta máis solidaria entregando preto de 300 quilos de comida ó Banco de Alimentos de Ourense
A parroquia de Zarracós amosa a súa faceta máis solidaria entregando preto de 300 quilos de comida ó Banco de Alimentos de Ourense

A parroquia de Zarracós amosa a súa faceta máis solidaria entregando preto de 300 quilos de comida ó Banco de Alimentos de Ourense

Despois de varios anos sen realizar ningunha campaña de recollida de alimentos para aqueles que máis o necesitan, no presente ano, esta asociación de veciños en colaboración co noso párroco: Don Miguel, decidimos por en marcha unha nova edición da campaña “Ante a adversidade, solidariedade” coa finalidade de recoller comida para o Banco de Alimentos de Ourense.

A resposta dos veciños e veciñas non se fixo agardar, volcándose dende o primeiro intre e amosando unha sensibilidade excepcional coa problemática  da desnutrición entre os máis desfavorecidos, así, hoxe entregamos case 300 quilos de comida ó Banco de Alimentos de Ourense, unha cifra extraordinariamente significativa, sobre todo se temos en conta o reducido tamaño da nosa parroquia.

Dende aquí non podemos máis que sentirnos orgullos de formar parte desta gran parroquia, e como non, expresar a nosa profunda gratitude a todos aqueles que se animaron a achegar o seu gran de area. Tamén, non queremos deixar pasar a ocasión sen agradecer a extraordinaria labor social que realizan de xeito totalmente altruísta os centos de voluntarios que todos os días colaboran con distintas ONGs, coma neste caso, o Bancos de Alimentos de Ourense.

A continuación deixamos un reconto aproximado, non exacto, de todos os alimentos que se entregaron:

  • 20 kg de patacas
  • 43 Litros de leite
  • 5 Litros de aceite de xirasol
  • 16 botes de cacao en po
  • 16 Litros de aceite de oliva
  • 6 Paquetes multicereais infantís
  • 24 Kg de arroz
  • 7 Kg de lentellas
  • 4 Kg de garbanzos
  • 6 Kg de fariña
  • 8 Kg de azúcar
  • 52 paquetes de pasta
  • 1 paquete de café
  • 1 paquete de servilletas
  • 8 latas de atún
  • 4 latas de mexilóns
  • 8 botes de tomate
  • 12 latas de sardiñas
  • 6 latas de piña
  • 7 latas melocotón
  • 4 botes de fabas
  • 3 botes de garbanzos
  • 30 paquetes de galletas
  • 12 paquetes de turrón
  • 34 potitos infantís
  • 1 kg de leite infantil en po

Simplemente grazas!

 

19 de Decembro do 2017




Destacamos