A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós comunica a todos os seus membros que tal e como se estableceu na Asemblea Xeral realizada o pasado domingo ,14 de Febreiro, a obra adxudicouse a empresa Alquimia (de Pontevedra) por un importe de 25.501,60 €uros.
Cada asociado deberá aportar para a mencionada restauración a cantidade de 80 €uros.
Todo aquel asociado que o desexe poderá realizar o pago fraccionado, é dicir, dous pagos de 40 €uros (un ó inicio da obra e outro ó remate). Namentres, aquel que opte polo pago único deberá facelo ó inicio da obra.
Toda contribución económica, sexa de asociados ou de persoas alleas a este organismo que desexen colaborar, será rexistrada no libro que se vai destinar explicitamente a tal efecto, quedando así constancia para vindeiras xeracións.
Toda membro ou persoa allea a este organismo que realice unha contribución económica para esta obra recibirá o correspondente recibo, datado e selado pola Asociación, quedando así constancia do seu pagamento ou doazón.
Unha vez finalizada a obra de restauración, presentaranse as debidas contas ante toda a parroquia expóndoas nos taboleiros destinados a tal efecto.
Estímase que as obras comecen a mediados do mes de Abril, sendo necesario anticipar o 40% á empresa. Por tanto, establécese que se poderá realizar o pago todos os domingos de Marzo, media hora antes da misa, no local social de Zarracós.
(NOTA: aquelas persoas que residan fora da parroquia poderán aplazar o pago ata que veñan de vacacións).
20 de Febreiro do 2010