As alumnas e alumnos do curso de pandeireta de Zarracós actuarán na XII Noite de Fiadeiro en Villavidal - Ramirás

Será o vindeiro sábado,día 12 de maio do 2018

As alumnas e alumnos do curso de pandeireta de Zarracós actuarán na XII Noite de Fiadeiro en Villavidal - Ramirás

Dende hai xa doce anos, o colectivo Rebulir de Ramirás ven organizando a Noite de Fiadeiro, un evento xa máis que consolidado no que a música tradicional e de ráiz é a protagonista indiscutible. Será o vindeiro sábado, 12 de maio de 2018, no lugar de San Andrés en Villavidal e nela particparán un gran número de agrupacións musicais entre as que se inclúen os alumnos e alumnas do curso de pandeireta de Zarracós.

Dende esta páxina web animámosvos a que visitedes esta cita festeira na que atoparades un pouco de todo: agrupacións tradicionais chegadas desde todos os recunchos de Galicia, postos de artesanía, obradoiros, postos de comida... A continuacón deixámovos unha listaxe "provisional" de todo o que poderedes atoparvos:

 COLECTIVOS PARTICIPANTES

O FIADEIRO CATIVO

  • Rebulir (Grupo B pandereteiras)
  • Grupo Inf. do Orcellón (O Carballiño)
  • As mosas do Hio (Cangas do Morrazo)
  • Guriñas do Castromao (Mondariz)
  • Xoaniñas (Ourense)
  • Os Trincamillos (Ribadavia)
  • Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense (Ourense)


GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL     

  • Tocadoras do Etnográfico das Mariñas (Ferrol)
  • Colectivo Castro-Floxo (Ourense)
  • Herdeiros da Requinta de Carcacía  (Padrón)
  • Pandereteiras de Gargamala (Mondariz)
  • Os Cotovias (Maside)
  • De Pé Feito (Ourense)
  • Candaira (Castrelo do Val)
  • Mulleres de Insua (Vilalba)
  • Celatroula (Celanova)
  • Pandereteir@s da Aavv San Andrés de Zarracós (A Merca)
  • Pandereteiras/os do forrollo (Cartelle)
  • Pandereteiras Celavella (Celanova)
  • "O Gaiteiro da Penalta"- Banda de Gaitas de Celanova
  • Pandereteiras Man de Moura (Ourense)
  • Pandereteiras Xua  (Ourense)
  • Pandereteiras Ruxas (Ourense)
  • Trouleiros de Medeiros (Monterrei)
  • Pandereteiras Xunquereteiras de Os Xuncos (Xunqueira de Espadañedo)
  • Grupo Orcellón (O Carballiño)
  • O'Castriño Rebordechan (Crecente)
  • Flor de Toxo (Avión)
  • Velai-Vai (Barbadás)
  • Xeitosiñas (Baltar)
  • Gaiteros Os Biruxes (O Carballiño)
  • Pandereteiras As Faiscas (Boborás)
  • Grupo de Música Tradicional Rebulir (Ramirás)
  • Pandereteir@s da Pontevella (Teo)


ANIMACIÓN E AMBIENTACIÓN            

  • Xurxemurxe (Empresa de lecer e xestión cultural)
  • Mulleres de Ínsua de San Bertolameu - Vilalba
  • Arunrun (Teatro e animación de rúa)
  • Banda Municipal de Música de Ramirás
  • Cabezudos de Ramirás
  • Centro de Cultura Popular Xaquin Lorenzo (Xogos tradicionais e brinquedos)
  • Asociación Culturas As Estrugas

 ARTESANÍA E GASTRONOMÍA


POSTOS GASTRONÓMICOS                       

  • Posto Trangalladas (Lambetadas e doces)
  • Amarelante Sociedade Cooperativa Galega (Productos derivados da castaña)
  • Pulperia Aurora do Carballiño
  • Colectivo Estrugas (Ortigas e Derivados)
  • Taberna do Tito (Refrixerios, viño e bebidas espirituosas)


POSTOS ARTESANÍA                                    

  • Posto Rebuldeiro (merchandising da Noite de Fiadeiro)
  • Artesanía Anil (Coroas, broches, tocados artesanales en flor seca)
  • Morenita Percusión Tradicional (Instrumentos)
  • Tango Zapateiro (Tamancas e productos en coiro)
  • Artesanía Chorima (Arte en Coiro)
  • Patri Difusa (Prendas e Complementos en Ganchillo)
  • Xesleio  e Niña&Driña (Instrumentos tradicionais e decoración)
  • Artesanía Moura (Traxe tradicional)
  • Traska Artesanía (Pirograbado en madera y macrame)
  • As Trapalladas da Xiana (bisutería, abalorios e prendas pintadas a mán)
  • Peixe Nero (Cerámica e Ilustración)
  • Rosa Artesanía (Bisutería e complementos)

 

Podedes atopar máis información na páxina web do evento: www.noitedefiadeiro.com

15 de Abril do 2018




Destacamos