XIX Edición do Xantar Popular do San Ceriz 2018

Sábado 16 de Xuño do 2018,  ás 14:00h, no campo da festa da parroquia de Zarracós

XIX Edición do Xantar Popular do San Ceriz 2018

O sábado 16 de Xuño do 2018, terá lugar a XIX Edición do Xantar Popular do San Ceriz. Como ben é sabido por todos, nos últimos tempos o prezo do pulpo experimentou unha importante subida, polo que a  cuota de inscrición para este ano será de 25€ por persoa (2€ máis ca edición anterior) e de 12€ para rapaces de entre 5 e 10 anos (Mantense o prezo), os menores de 5 anos poderán asistir de valde. O menú será idéntico ós anos precedentes e estará composto por: empanda, polbo,carne ó caldeiro, pan, bica, viño, auga, café e licor.

Na sobremesa do xantar popular terá lugar a IX Edición do Torneo de Chave do San Ceriz sendo a cuota de inscrición para o mesmo de 3€, o gañador do mesmo será agraciado co correspondente trofeo.

Nota informativa: con respecto á subida do prezo do plato dende a asociación de veciños valorouse realizar outro tipo de comida (churrasco ou similares) para conter o importe, pero desbotámolo ó considerar que a esencia da festa do San Ceriz sempre foi o pulpo e que paga a pena incrementar o prezo en 2€ para manter a calidade e cantidade do xantar.

 

15 de Abril do 2018




Destacamos